DIRIXE O CGAC
Dende a urxencia.
16 de xuño -16 de xullo 2009
Dirixe o CGAC é unha intervención colectiva e colaborativa da cultura de base e a cidadanía galega no proceso de provisión do posto de director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
DIRIXE… :
A iniciativa está baseada en dous exes (e poderían ser máis):
- A necesidade de poñer en acción o noso desexo, responsabilidade e participación na definición dunha institución pública que nos pertence por definición.
- A proposta dun modelo de xestión das institucións públicas baseado nunha articulación colectiva, que sustitúa o esquema xerárquico tradicional personalista ou partidista que somete ó sector cultural mediante a extrangulación do seu corpo para a acción, a presencia e a enunciación xerando sinerxias ríxidas (previamente definidas e impostas por ley ou decreto) susceptibles de responder a obxectivos extrínsecos á cultura e sometidas ás necesidades políticas de xestión interna dos partidos gobernantes. A cultura non é unha ferramenta de promoción e instauración de valores partidistas, é unha construcción colectiva e, como tal, os cidadáns e traballadores culturáis queremos ser representados nela e representativos dela sempre.
… O CGAC:
En base a esta dobre idea, plantéxase unha intervención colectiva e colaborativa no proceso de provisión do posto de director do noso Centro Galego de Arte Contemporánea como dispositivo para a posta en acción dun desexo colectivo.
Para que a intervención sexa plenamente operativa, creará un corpus material tanxible e presencial que de visibilidade á nosa participación múltiple. Este corpus, terá a forma que o tempo, os propios participantes e as dinámicas de traballo definan: un documento unificado que recolla todo o traballo xerado, un documento fragmentado presentado nun sobre común, un documento fragmentado presentado en sobres diferentes… ou outros posible que queirades aportar.
A intervención consiste na creación dunha proposta colectiva que cumpra cos requerimentos establecidos no DOGA para entrar a concurso da dirección do CGAC en igualdade de condición que calquera outro candidato. Esto quere dicir:
- Que articule o programa, os obxectivos, os plans de acción e as liñas discursivas do centro para un periodo de 5 anos.
- Que os candidatos a dirección do CGAC deberán acreditar un coñecemento do medio cultural internacional e galego ademáis da experiencia ó frente da xesión ou dirección de centros de arte contemporánea.
- A proposta debe estar entregada á Xunta antes do 16 de xullo.
O documento a presentar será creado entre tódo-los participantes, con seguinte posible esquema de traballo:
- Culture Workers creará un índice de temáticas a desenrolar no documento da proposta, segundo os requerimentos establecidos no DOGA.
- Tódo-los participantes poden intervir de forma visible ou anónima.
- Cada participante elixirá o/os ámbito/s de traballo no/s que quere contribuir.
- Para organizarnos e poder crear un documento de forma eficaz, CW porá a disposición aberta dos participantes unha wiki á que ir subindo material e textos.
- A wiki estará estructura en grupos de traballo para cada ámbito temático da proposta.
- Para poder implementar todo o material no documento da proposta, usaremos ferramentas de discusión 2.0 e a mesma wiki.
As contribucións ó documento poden ser dos seguintes tipos:
- Aportando ideas xenéricas (anexadas)
- Aportando á wiki textos formáis e estructurados segundo os ámbitos da proposta.
- Aportando documentos de traballo que sirvan de referencia.
- Aportando opinión ás discusións para chegar a decisións colectivas de cara ó documento definitivo.
- Aportando curriculum vitae: todo participante, polo mero feito de inscribirse de forma visble ou anónima, pasará a aportar o seu curriculum vitae persoal a un CV común, organizado por áreas de actividade.
¡URXENTE!
Debido ó escasísimo prazo existente entre a data da convocatoria e o prazo de entrega da propoesta (1 mes), non podemos organizar o encontro open spaces para os participantes durante o que discutir e dar forma ó documento a presentar. Nesta ocasión, todo o traballo se desenrolará directamente a través da wiki, este blog e Facebook. O tempo de traballo será desde xa hata o domingo día 12, para contar con 3 días de preparación do documento, anexos e fragmentos a enviar.
Esta é unha oportunidade valiosísima para aunar coñecementos, intervir no espacio de posibilidade do sector cultural galego y propoñer outras formas de pensar, sentir e facer o Centro Galego de Arte Contemporánea.
¡Toda colaboración é necesaria!
DIRIXE O CGAC

¡Brillante ideas, la vuestra!
Leeré con atención y pronto os haré algún comentario más explícito.