Archivos Mensuales: marzo 2008

Convocatoria a la nueva dirección del CGAC

Santiago de Compostela: Un mes de prazo para presentar proxectos de dirección do CGAC

e-norte.org
Centros de exposición
Desde a Consellería de Roberto Varela relacionan esta premura cunha “liña preferencial” do centro · Será a primeira vez que a un director non o elixan os políticos.

Só un mes. Ese é o prazo que teñen os interesados en converterse en directores do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) segundo o concurso anunciado onte no Diario Oficial de Galicia (DOG). Parece como se, de repente, á Consellería de Cultura lle entrase presa, sobre todo despois de anunciar hai só sete días que a convocatoria tardaría polo menos un mes en publicarse. Desde o departamento de Roberto Varela negan que a premura vaia máis alá do feito de ser o CGAC “unha liña preferencial do conselleiro” e restan importancia a que na convocatoria non aparezan os nomes dos seis expertos encargados de elixiren o novo director. “As bases son as que son e aí están”, aseguran sen outro comentario. Porén, non deixa de sorprender que, de repente, os prazos se reduzan á metade nunha consellería que, de momento, se amosou preguiceira na renovación dos máximos responsables dos seus organismos dependentes.

Sorprendería menos se se teñen en conta as sucesivas intervencións nos medios de comunicación do actual director do centro, Manuel Olveira, que non dubidou en corrixir as palabras do conselleiro sobre o número de visitantes do CGAC. Durante a súa comparecencia parlamentaria, Roberto Varela criticou o programa de Olveira e indicou que o centro perdera visitantes, xuízo que o director do CGAC considerou inexacto, “porque dende 2006 a afluencia de público non deixou de medrar”. De feito, o centro pasou de 57.580 visitantes no 2006 -Olveira tomou posesión a finais do 2005- aos 64.473 computados o ano pasado.

A convocatoria, con todo, marca un fito en Galicia, onde será a primeira vez que o director dun museo non o elixan os políticos, algo que sen dúbida servirá para clarexar a traxectoria do CGAC na súa trapisóndica traxectoria, co despedimento fulminante e polémico da que foi a súa primeira responsable, Gloria Moure, durante o goberno de Manuel Fraga.

Nota: Correo gallego

Anuncios