Evasión ou Vitoria

INVITACIÓN  E PROPOSTA DE IMPLICACIÓN.
EVASIÓN OU VITORIA. BALEIRO + CULTUREWORKERS

Moi boas!

Desde Baleiro (un local e un grupo de xente adicados á investigación en cultura contemporánea) e Cultureworkers (intervencións culturais colectivas) estamos a traballar nunha idea que poida que sexa do voso interese.

Evasión ou Vitoria é o nome que lle demos a un proxecto que quere servir de canle de comunicación entre colectivos que, coma vós, estades a enriquecer o panorama cultural galego con propostas diversas.

A idea é experimentar cunha estrutura que nos sirva a todos para cruzar coñecementos sobre problemáticas que afectan aos nosos diferentes campos de acción. Tentamos afastarnos dos formatos habituais de encontro (foros, festivais, feiras, …) e pensamos en armar unha especie de ‘taboleiro de xogo’ que nos force a manter un contacto estable e ao mesmo tempo flexible entre as forzas da ‘cultura de base’ en Galicia. Evasión ou Vitoria será unha serie de ‘eventos culturais’ con periodizidade mensual pero cuxa programación se asumirá de maneira rotativa polos diferentes grupos implicados. Cada colectivo decidirá o lugar, a forma e os contidos do seu evento segundo unhas determinadas ‘regras’ ou ‘coordenadas’, e contando sempre coa presenza, como público participante, do resto dos equipos.

Se vos interesa coñecer máis sobre esta proposta poñédevos en contacto con nós!

Evasión ou vitoria conta co apoio, ata novembro, da Vicerreitoría de Cultura da USC.

Anuncios

Un pensamiento en “Evasión ou Vitoria

  1. cultureworkers Autor de la entrada

    Ata o de agora estamos a traballar:

    Baleiro, Cultureworkers, Universidade Invisibel, Proxecto Derriba, Teatro Resoante, Cineclube de Compostela, Laboratorio de Colaboración Artística, Editorial Estaleiro, Amalgama, Escoitar, A Peregrina e Batbirulau…

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s