CONVOCATORIA III ENCONTRO OFF: CULTURGAL OFF FEIRA IMAXINARIA

Convocamos á comunidade OFF e a todos aqueles que estean interesados a participar activamente na programación do III ENCONTRO OFF: CULTURGAL OFF FERIA IMAXINARIA que con ocasión da celebración do CULTURGAL 2011 FEIRA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS organizaremos os días 1 e 2 de decembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Seguindo a organización espacial, conceptual e programática do CULTURGAL 2011 o CULTUGAL OFF FEIRA IMAXINARIA estruturarase en torno ás seguintes seccións: Feira, Foro e Actividades.

Feira imaxinaria: A Feira Imaxinaria ocupará durante a mañá do día 1 de decembro os corredores da Facultade de BBAA. Neste espazo haberá a disposición dos participantes “stands imaxinarios” nos que promocionar, amosar ou intercambiar traballos, propostas ou materiais. Concorrerase aos stands por convocatoria aberta mediante o envío dun mail á dirección encontrosoff@gmail.com no que se indicará o material a expoñer e os datos persoais ou colectivos dos expositores.

Foro: O Foro será un espazo de experimentación colectiva no que durante a tarde do día 1 de decembro e o día 2 poderanse intercambiar coñecementos técnicos e teóricos mediante a organización ou a participación en obradoiros, a presentación de traballos e proxectos persoais e a implicación nas mesas de traballo do encontro.

Obradoiros: Os obradorios terán unha duración máxima dunha hora e media e programaranse segundo as propostas recibidas no mail encontrosoff@gmail.com ata a data de celebración do Encontro, indicando a materia do obradoiro, as necesidades técnicas e a súa duración. Os obradorios estarán dirixidos aos Feirantes e ao alumnado de BBAA que estea interesado en adquirir algún coñecemento específico, recibir asesoramento técnico ou compartir liñas e proxectos de acción, investigación ou militancia.
Presentacións: Programaranse quendas de presentacións de traballos creativos, iniciativas e proxectos colectivos ou persoais por desenvolver dunha duración máxima de 20 minutos ás que se concorrerá, tamén, mediante convocatoria aberta enviando un mail a encontrosoff@gmail.com indicando os datos persoais, o tema da presentación e as necesidades técnicas se as houbese.
Mesas de traballo: Organizaranse 3 mesas de traballo que continuarán coa construcción e desenvolvemento das propostas xurdidas das mesas do I ENCONTRO OFF: Información, Calidade e Acción. Nesta ocasión as mesas de traballo serán as de Banco de recursos, Servizos e Proxectos.

Banco de recursos:
Construcción dunha “Cousateca” ou relación de recursos materiais a compartir entre os membros da comunidade OFF e elaboración dun protocolo de préstamo e seguimento.

Constitución dunha Rede de espazos. Catalogación e posta en relación de espazos autoxestionados ou non dos que xa dispón a comunidade OFF nos que programar e facer itinerar actuacións, programas de contidos e posibles residencias artísticas.

Canle rtv. Presentación, difusión e posta en marcha do proxecto Adlántida.rtv

Servizos:
Mesa de análise dos custos e necesidades reais da produción artística e cultural individual ou colectiva mediante a súa valoración económica.

Proxectos:
Mesa adicada á produción colectiva dun proxecto nunha xornada completa de traballo para o que se fará unha convocatoria para proxectos en cernes con vontade de desenvolverse colectivamente no ENCONTRO OFF. A selección de proxectos farase segundo a información dos proxectos recibida no mail encontrosoff@gmail.com

Actividades Na sección de actividades poderase participar na Action Cover Party ou formar parte da programación lúdica nocturna do encontro mediante o envío dun mail a encontrosoff@gmail.com indicando a vontade de participar, datos persoais, actuación a presentar e necesidades técnicas segundo participen na sección:

Action Cover Party Galiza: Edición galega do festival de versións de performances históricas dos anos 60 e 70 que pretende recrear e voltar a dar vida a performances que chegaron ata nós en formato fotográfico ou textual. A edición galega será a que continúe as xa representadas en Tenerife, Manchester e Lanzarote e terá lugar durante o día 2 de decembro na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Actuacións: Actuacións breves a programar segundo as propostas recibidas ata a data do encontro durante os días 1 e 2 de decembro en horario a convir.

Agardamos a vosa participación para seguir a facer comunidade!!
DATA LÍMITE DE ENVÍO DE PROPOSTAS: 29 DE NOVEMBRO DE 2011
Máis info, na wiki.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s