Archivo por meses: julio 2009

Presentada en prazo Proposta // work in progress

A intervención colectiva Culture Workers presenta un informe de aproximación para a dirección do CGAC, enviado o pasasdo 16 de xullo ó concurso para a provisión do posto de director do centro, un documento incompleto que destaca a necesidade imperiosa de profundizar na análise e identificación do corpo do sector cultural galego.

Co concurso para o CGAC convocado pola actual Consellería de Cultura e Turismo o 16 de xuño, xorde a oportunidade de revisar o estatus do sector cultural galego e o papel asumido polo CGAC segundo a sua configuración estatutaria e operativa.

Este é o punto de arrinque para a intervención Culture Workers levada a cabo por varios axentes independentes do sector cultural a título colectivo. Aínda que o obxectivo inicial da intervención era a creación dunha proposta candidata á dirección do centro, do proceso de traballo (urxente polos seus prazos) e do de posta en contacto dos participantes derivou un informe en proceso de elaboración que posiciona a actual construcción política, social e cultural do Centro galego de Arte Contemporánea no mapa do territorio cultural galego.

O informe «Proposta// work in progress» constitúese coma o primeiro dos pasos deste proceso de intervención que comenza a súa andaina.

CW PROPOSTA COLECTIVA galego

CW PROPOSTA COLECTIVA castellano

os dispositivos

Os dispositivos

 Onte estivemos no auditorio do MACBA, no debate internacional canódrom09 convocado pola administración cultural catalana a proposta das múltiples asociacions e exentes culturais que levan meses a traballar na articulación dunha rede de traballo, debate, reflexión e intervención sobre o proxecto do centro. Polo de agora, estes axentes culturais conseguiron que

–          Unha comisión dirixa, en funcións, o centro namentres non se provea o posto de equipo director.

–          A administración se plantexe a convocatoria pública para a formación dun equipo plural que dirixa o centro en vez dun só director.

–          Unha  convocatoria, por concurso público, sexa a canle de provisión de todo o equipo directivo.

–           Se recoñeza a necesidade ineludible dunha personalidade xurídica propia para o centro que lle permita eficiencia, axilidade e autonomía na súa xestión.

–           Se faga un plantexamento social dos espazos arquitectónicos.

–          Concorra materialmente ó proxecto do centro o traballo destes debates internacinais e abertos que, incluso, posibilitan o cuestionamento de todo este exercicio da administración como posible lexitimación dunha proposta de convenciencia e oportunidade política que partiu sen conexión coas necesidades profesionais, sociais e reais da comunidade afectada pola construcción do novo centro e que vese agora na necesidade de incluíla a posteriori.

Voltamos á casa., á proposta do CGAC ¡¡na que agardamos as vosas colaboracións!!, -xa que como dicía o propio Conselleiro de Cultura e Turismo de Galicia estes días, “el museo es de todos, ¿eh?”- e topámonos co seguinte:

  1. O Centro de Arte Contemporánea de Galicia non ten personalidade xurídica popia; é parte orgánica da Dirección Xeral de Patrimonio. Non ten autonomía profesional, nin funcional, o que contraría tanto as recomendacións de boas prácticas para centros artísticos como o máis básico sentido común.
  2. Que no órgano rector do centro, o Padroado, 4 dos seus 7 vocais “natos” son cargos públicos da administración nomeados por designación do partido/s que goberna/n; e a totalidade dos vocais designados, (entre 8 e 14) son nomeados directamente polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do Conselleiro de Cultura e Turismo.

Á marxe das orientacións políticas e ideolóxicas de cada quen e de cada qué (é dicir, ó marxe do noso sistema -¿é isto posible?, non-), e dos méritos e coñecementos dos nomeados, a automía, profesionalización e democratización do procedimento de provisión de vocais do órgano rector do Centro de Arte Contemporánea de Galicia é nula.

 Plantéxanse pois dúas liñas complexamente imbrincadas (como tóda-las liñas do mundo):

  • Desprazar o significado do CGAC: ¿é pertinente pedir un cambio do modelo de xestión e organización interna do CGAC?. Un decreto (o da súa regulación interna 326/1996 de 26 de xullo) é modificable. Esixir unha personalidade xurídica propia do CGAC e un organigrama interno máis comprexo, múltiple e funcional.
  • Desbordar o significado do CGAC: Se o CGAC é unha institución pública, como tal só pode ter fins sociais. Como centro de arte contemporánea con fins sociais só pode atender ás necesidades reais da contemporaneidade artística (arte é política , arte é desexo , arte é ferramenta , arte é vida  ) e as súas necesidades de relación globais.

 ¿Cómo podería representar, articular,  incluir e coñecer estas necesidades reais o Padroado do CGAC e o CGAC mesmo se non ten previstos dispositivos  expositivos, de investigación, de participación e producción de coñecemento específicos para a contemporaneidade galega global e para estas tarefas?

¡Pensémolos, propoñámolos e produzcámolos!; os dispositivos.

EMPEZAMOS/ INSCRIPCIÓN/ WIKI EN MARCHA

Lo ideal hubiese sido reunirnos un fin de semana  y poner sobre la mesa nuestro corpus, nuestro cuerpo y esa nuestra energía para cocinar la propuesta mano a mano. Pero, para facilitar el flujo de adrenalina y optimizar nuestro dominio del 2.0, la Xunta ha decidido poner un plazo imposible de 1 mes para la convocatoria, del que quedan (a día de hoy) 10 días.

Por lo tanto: no hay tiempo y  toda aportación puede hacerse, desde ya,  de forma digital y mediante estas 3  vías:

  1. LA WIKI: podéis entrar por aquí mismo para ver el contenido. Para currar en ella necesitáis un Usuario, que os crearemos en cuanto recibamos vuestro e-mail de inscripción. En la wiki estaréis trabajando, directamente, sobre el documento que se presentará.
  2. Enviando e-mails a cultureworkers@gmail.com con vuetros textos, línea/s curriculares que aportéis (sólo lo que consideréis oportuno) y todo aquel material/piezas que os sintáis en disposición de introducir en la propuesta de dirección del CGAC, fuera de formato.
  3. Mediante comentarios/debate/otros en este blog o en el grupo DIRIXE O CGAC creado en Facebook.


Pistoletazo de salida, cañonazo al viento, botellazo de Albariño contra el barco… ¡EMPEZAMOS!

PD: Esta propuesta es colectiva, la participación es pública y puede realizarse mediante nickname o con vuestro nombre.