Mesa redonda » a cultura marxinal en Galicia; CULTURA CON MAIÚSCULAS» Faiado CULTUGAL 2011

Texto Introductorio á mesa redonda «A cultura marxinal en Galicia; CULTURA CON MAIÚSCULAS» lido por Chiu Longina (moderador) co consenso dos poñentes: Ania González (Culture Workers), Daniel López e Victor Pérez (Baleiro), Geekska (Olholivre), Tayone (Amalgama) e Isaac González (Proxecto-ds) acompañados, na mesa, polos invitados especiais Carlos Vilas (artista) e Carlos Oroza (poeta) no CULTURGAL 2011; FEIRA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS:

Imos dar comezo agora á mesa redonda que leva por título “Cultura marxinal en Galicia” neste espazo chamado “Faiado”, un título moi discutido e un espazo e contexto non menos discutido tamén.

Unha das condicións que puxen como moderador desta mesa foi o cambio de nome, evitando o uso de calificativos como “marxinal” e engadindo un subtítulo que non todos coñecen xa que non é, polo que estou vendo, oficial. Este subtítulo é CULTURA CON MAIÚSCULAS e fai unha referencia clara á miña opinión sobre o valor da produción cultural contemporánea en Galicia, na que poño en valor os proxectos que, como mínimo, respostan a unha demanda real da sociedade ou que viven e sintonizan co tempo real universal, fronte á moita da cultura oficial que en moitos casos non só instrumentaliza o propio concepto de cultura, senón que en ocasións ten máis interese en conservar os nichos laboráis que servir como ferramenta de desenvolvemento para a sociedade, que é o fin fundamental da cultura.

Os membros da mesa, que agora presentarei, teñen en común aspectos como o traballo colectivo e en rede aberta, e o seu principio fundamental e a liberdade, (fronte ao máximo beneficio). Contribúen tamén á xeración de novos modelos de sociedade adaptados ás condicións sociais actuais (teñen moi claro que a innovación se fortalece si se comparte, é dicir, que todo o que non se dá pérdese), e ese é o principal valor desta actitude común cunha importante dimensión ética baseada no compromiso e no valor da cooperación. Nalgúns casos reflexionan sobre en que medida o espírito open source empeza a chegar aos compoñentes esenciais do poder ou en que medida a movilización de recursos, fora e dentro das institucións do estado, contribúen a diluír o poder das corporacións e cuestionan a teoría económica do valor. Poderíamos noutros casos desta mesa clasificalo como “Guerra de guerrillas”.

Porque non podemos negar que o que a sociedade incorporou ao seu imaxinario común é que, non seu conxunto, a cultura institucional actúa como un dicionario de valores: o que non está presente nela non é relevante, ou non o é oficialmente. Ela, a Cultura Oficial encárgase de verificar e validar unha selección dos que serán presentados en sociedade como “válidos”, lexitiman e consagran oficialmente valóres culturais (e valóres económicos ligados e eles), constrúen imaxinarios compartidos e actúan como mediadores ou pontes cara o enfrontamento cos demais. Crean tamén efectos históricos, en moitos casos secularizando rituais e indo dá man do poder en nome do coñecemento e dá cultura. No noso caso, o desta mesa, somos clasificados pola cultura oficial como marxinais, é dicir, como axentes culturáis ao marxe dunha política cultural oficial. Nós respostamos, e penso que estaredes a maioría dacordo, cun cachete no pescozo a esa cultura oficial e somos o suficintemente responsables como para vir aquí a decilo en voz alta: en Galicia tamén se produce CULTURA CON MAIÚSCULAS.

A cultura oficial e os centros culturáis oficiais tamén aspiran a servir como dispositivos de visualización dá cultura contemporánea, pero, desde fai uns anos, esta mesma sociedade que describe dese modo estes espazos tamén lles pide que actúen como instrumentos de integración social, que conecten os seus discursos coa historia social e cultural e que ofrezan os seus espazos como sedes para a contestación cultural operando como centros cívicos.

Unha das primeiras preguntas que plantexarei á mesa é si estes centros oficiais están respostando a esa demanda social, xa que no noso país, en xeral, todo apunta a que a divulgación cultural destes espazos (aínda querendo aparentar outra cousa) resulta pasiva. Máis que organismos didácticos, abertos e educativos, dirixidos ao gran público, son na práctica instrumentos de consulta para os que xa son coñecedores desa linguaxe especializada. Operan como dispositivos de vixilancia e disciplina, como instrumentos de control exercido a partir do seu carácter cirimonial e os seus rituais excluíntes. A maioría sitúanse nese espazo “liminal” (illados da vida cotiá), e non conectan con esa realidade social que reclama traballo de base; programas culturais que sensibilicen acerca da importancia da cultura como ferramenta de desenvolvemento social, e que sirvan para xestar unha demanda real de consumo cultural. Pídeselles que sexan produtivos socialmente e non politicamente, que os seus xestores se impliquen na vida intelectual do país. Tamén reclámanse accións de política cultural que posibiliten e xeren necesidades como a creación ou conversión destas institucións oficiais en espazos de participación aberta, nos que a propia sociedade poida tomar parte mediante a recreación constante das propostas. Unha sociedade que non busca representar utopías, senón construír espazos concretos, participando deste xeito nunha cultura da remestura que xerará unha oferta cultural consensuada no posible polos seus receptores.

Polo tanto, é en base a estes novos conceptos da produción cultural onde opera esta mesa redonda. O seu obxectivo é abrir un debate, dende a experiencia dos palestrantes, sobre esa separación entre cultura e vida propia das grandes corporacións, illadas en espazos pechados (“liminais”) e que fracasaron, posiblemente, no seu propósito de transformar a vida. Faino logo sentando na mesa a cinco propostas que exercen o seu traballo dende Galicia, diferentes, quizais, nos seus trazos políticos e ideolóxicos, pero moi parecidos en esencia. Ninguha delas ten apoio institucional (e posiblemente nunca o solicitaron) e naceron e creceron ao marxe das institucións do estado (que non marxinalmente), respostando a unha demanda cultural non deseñada dende os discursos verticais. As cinco traballan na programación e dinamización cultural pretendendo articular cultura e vida, facéndoo desde lugares e momentos históricos moi determinados. As cinco entenden que os lugares para a cultura deberían ser significativos por se mesmos, capaces de remover conceptos instaurados e ao mesmo tempo reflexionando sobre o significado da produción cultural ou as novas necesidades da sociedade. As cinco procuran vehículos para a interacción co tecido social que lles rodea, prestando atención á heteroxeneidade das prácticas culturais e apostando pola produción de coñecemento, as cinco entenden que a cultura é unha construción social dinámica e un arma de desenvolvemento social e como tal debe ser libre, pública e accesible universalmente, E as cinco teñen en común un desexo de achegarse de novo ao valor primordial da cultura: o traballo “en” e “para” a sociedade.

Deja un comentario