Culture Workers – sétimo premio Auditorio de Galicia

Fomos seleccionados no Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2011. A peza, «A arte contemporánea e o linde da historia» forma parte xa da exposición colectiva que se inaugurou o pasado día 30 de Novembro, xunto coas de outros 39 artistas tamén seleccionados. Podedes acercarvos a vela no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela ou consultar o microsite que a modo de catálogo edita o Auditorio, aquí:
Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2011.


«A arte contemporánea e o linde da historia» 2011
Impresión dixital sobre papel montado en panel composto de aluminio e polietileno
50 x 150 cm

«A arte contemporánea e o linde da historia»
O subtítulo do libro Despóis da fin da arte, de Arthur C. Danto, da título a esta obra na que emerxe unha imaxe superviviente, o espectro dun acontecemento que sucede no linde da historia e no límite da visibilidade, xa que máis alá da lembranza da experiencia vivida, a imaxe como tal, aínda non é memoria nin documento no senso no que estes dous términos constrúen historia; a falta, principalmente, dun relato contemporáneo da contemporaneidade artística en Galicia.
No atoparse con esta lembranza da que é portadora a obra, na fotografía, o “mundo da arte” local, representado por un amplo número de artistas, docentes, críticos, teóricos e comisarios devólvese a si mesmo unha mirada imposible (impedida) na que se revela a sí mesma coma síntoma: a falla de algo máis de dez anos, na nosa historia; o que despóis da fin da arte dentro dos límites nos que a coñecíamos ata agora quizáis supoña a súa posibilidade.

Deja un comentario